Quen Somos

 

Caxer Carpintería nace en maio do 2.002 coa intención de ofrecer calidade e confianza ós nosos clientes, piares que nos diferencian como empresa.

A nosa mellor carta de presentación son os nosos clientes satisfeitos.

Contamos con fabricación propia de madeira e traballamos con materiais de primeira calidade coidando cada un dos detalles e operando de forma responsable, por iso somos unha empresa competitiva e próxima a todo tipo de público.

A nosa filosofía de traballo é adaptarnos á necesidade do cliente, creamos relacións estreitas con eles para coñecer e atender as súas necesidades, ofrecéndolles solucións innovadoras ao seu alcance.