PROXECTOS DE INTERIORISMO

O EQUIPO DE CAXER CARPINTERÍA NO SO ESTÁ FORMADO POR CARPINTEIROS E EBANISTAS CON AMPLA EXPERIENCIA, TAMÉN ESTÁ FORMADO POR DECORADORES DE INTERIORES.

Deseño de interiorismo

O servicio de deseño de interiorismo ofrecémolo tanto para profesionais como para particulares, que buscan sacar o máximo rendemento ós seus espazos, optimizando costes sendo asesorados por profesionais. Esta disciplina é fundamental tanto para espazos particulares; como a decoración de lofts, decoración de pisos ou distribución de espazos nas casas, como para entornos comerciais e profesionais; tales como oficinas, decoración de tendas ou decoración de comercios.

Decoradores de interiores

Os nosos decoradores de interiores contan con ampla experiencia para sacar o máximo partido ós espazos e materiais existentes e empregados. Coñecemos as últimas tendencias do mercado e as materias primas máis innovadoras para poder crear espazos únicos, exclusivos e diferentes. Ademais, na nosa exposición, contamos con una ampla gama de materiais de construción, madeiras, portas, chans ou mobles, que axudan na labor de elección dos nosos clientes.

Como parte da nosa metodoloxía de traballo, adiantámonos ó resultado final, creando 3D para que os nosos clientes poidan ver os seus espazos cos elementos decorativos escollidos e que poidan facer os cambios precisos, para que todo quede o seu gusto, previo comezo de obra.

EN CAXER TRABALLAMOS CON MARCAS DE PRIMEIRO NIVEL COMO, PARA OFRECER AS MAIORES GARANTÍAS, COMO POR EXEMPLO: