SERVIZOS DE CARPINTERÍA TRADICIONAL EN A CORUÑA E GALICIA

CAXER CARPINTERÍA COMEZAMOS A NOSA TRAXECTORIA PROFESIONAL NO ANO 2000, OFRECENDO OS SERVICIOS DE CARPINTERÍA TRADICIONAL.

POUCO A POUCO O NOSO NEGOCIO FOI MEDRANDO, TAMÉN A NOSA PLANTILLA E PUIDEMOS AMPLIAR O ABANICO DE SERVIZOS PARA OFRECER OS NOSOS CLIENTES. AXIÑA CONTAMOS CON UNHAS MAIORES INSTALACIÓNS, NAS QUE PUIDEMOS TER TENDA DE EXPOSICIÓN PARA OFRECER UN MAIOR SERVIZO PARA OS NOSOS CLIENTES.

No ano 2016 demos un novo paso no noso crecemento, ampliando a nosa tenda de exposición, ata poder contar actualmente con tres puntos de atención para os nosos clientes: Avenida de Oza 66 e 70 e a nosa nave nova no polígono de Pocomaco.

Nestes casi 20 anos de recorrido medramos gracias á demanda e confianza dos nosos clientes, que nos foron encomendando proxectos cada vez máis ambiciosos, pasando de ser a súa carpintería de referencia e levando a cabo proxectos a medida en madeira ata obras máis complexas, restauracións ou reformas integrais, tanto para particulares como para empresas.

  • PROXECTOS CON MADEIRA

    HOXE EN DÍA, EN CAXER CARPINTERÍA, CONTAMOS COS RECURSOS PRECISOS PARA PODER LEVAR A CABO CALQUERA PROXECTO CON MADEIRA: CREAMOS E DESEÑAMOS MOBLES Y PEZAS EXCLUSIVAS PARA OS NOSOS CLIENTES, OFRECÉNDOLLES SEMPRE A MELLOR ASESORÍA POSIBLE, PARA QUE POIDAN TER OS MELLORES RESULTADOS Ó MELLOR PRECIO.
  • CREACIÓN E DESEÑO DE MOBLES

    EN CAXER CARPINTERÍA, FACEMOS PEZAS A MEDIDA, TRABALLAMOS A MADEIRA PARA TI, SOMOS EXPERTOS EN CREAR, COIDAR E REHABILITAR CALQUERA ELEMENTO QUE VAIA NESTE MATERIAL NOBRE: MOBLES, VENTÁS, ESTANTERÍAS, CHANS, ARMARIOS, COCIÑAS, CAMAS, ELEMENTOS DECORATIVOS, TEITOS, PORCHES… TI SOÑAS CON ELO E NOS FACÉMOLO. NON DUBIDES EN CONTACTARNOS PARA QUE TE POIDAMOS PREPARAR UN ORZAMENTO SEN COMPROMISO.